A boa morte

A boa morte

Autor: Pedro Feijoo

ISBN: 9788411108911

Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Edición: 01

Fecha edición: 01-10-2026

Páginas: 576

Coleccion: Narrativa

Nº colección: 577

Nº Volumen: 0000

Encuadernación: Rústica

Audiencia: General

Idioma original: Gallego

Idioma publicación: Gallego

Más información

Entre as paisaxes furiosas e impactantes da Ribeira Sacra non só se move a natureza. Agochadas no silencio comunal, pódense presentir historias que non se contan ou... que non se deben contar. Historias de silencios, de mortes, de dor. Dous falecementos, un deles o do herdeiro dun poderoso imperio do viño, son declarados pola Garda Civil como simples accidentes. Non obstante, esoutras voces profundas, tan estrañas e misteriosas como chegadas doutros tempos, son percibidas polo instinto policial do inspector Mateo Romano, quen, moi ao seu pesar, se verá atrapado no lugar ao que pertencía, alá onde se desenvolveu a súa mocidade e no que se enfrontará ao seu pasado: ao pai co que non se leva, a un amor que lle deixou feridas abertas e, sobre todo, a un feixe de lendas que retornan ao presente coa forza dun furacán. Mentres o río garda segredos e silencios, o inspector Romano descobre que baixo as cepas e as adegas de prestixio latexa unha historia de violencia tan vella como o mesmo canón do río Sil. Nunha novela arrebatadora, Pedro Feijoo condúcenos ao corazón da Ribeira Sacra polos camiños da boa morte.

Productos relacionados